Casanova da Pena é o lugar da parroquia de Santiago de Esperante, no concello de Taboada, provincia de Lugo, onde naceu Franci
sco Fernández Fernández, coñecido como
sco Fernández Fernández, coñecido comoo xastre da Casanova.
Con catorce anos marchou co seu irmán José a Cuba, como era costume daquela, pero os seus bronquios non conseguiron adaptarse a aquelas húmidas atmosferas por moito tempo.
Aprendeu o oficio con Ramón Moure e logo traballou pola súa conta nas casas das parroquias veciñas: Taboada dos Freires; Bouzoa; S. Martiño; Piñeira; Arcos, etc. Acompañáballe o aprendiz, o señor Mariano, e entrambos levaban a máquina de coser e os trebellos do oficio.
Casou con Teresa Gamallo Quintá en 1906 e tiveron seis fillos, a máis nova é Mª Oliva Fernández Gamallo, a miña nai.