Casanova da Pena é o lugar da parroquia de Santiago de Esperante, no concello de Taboada, provincia de Lugo, onde naceu Francisco Fernández Fernández, coñecido como
o xastre da Casanova.
Con catorce anos marchou co seu irmán José a Cuba, como era costume daquela, pero os seus bronquios non conseguiron adaptarse a aquelas húmidas atmosferas por moito tempo.
Aprendeu o oficio con Ramón Moure e logo traballou pola súa conta nas casas das parroquias veciñas: Taboada dos Freires; Bouzoa; S. Martiño; Piñeira; Arcos, etc. Acompañáballe o aprendiz, o señor Mariano, e entrambos levaban a máquina de coser e os trebellos do oficio.
Casou con Teresa Gamallo Quintá en 1906 e tiveron seis fillos, a máis nova é Mª Oliva Fernández Gamallo, a miña nai.

2 comentarios:
Tamén meu avó era xastre, non chegou casar coa miña avoa xa que morreu nun desgrazado accidente escaleiras abaixo. De feito eu tiña que me apelidar Martínez Edreira. Meu avó paterno tamén marchou a Cuba e tivo que voltar axiña por problemas de saúde. Miña avoa tivo que enviarlle o diñeiro para a pasaxe: morreu novo.
Un que coñeceu e percorre a costa do Faro da man da neta do xastre, nunha desas viaxes recolleu un dito popular que da conta da sona e habilidade do xastre, tamén coñecido como Xastre da Pena:
"O xastre da Pena
eche moi agudiño
que che toma as medidas
cun gharabulliño".
Publicar un comentario