jueves, 9 de julio de 2009

Agasallo de aniversario

O mellor agasallo no día do meu aniversario foi esta estampa da miña nai. En realidade é a ela a quen debiamos felicitar por terme parido o primeiro martes de xullo do ano 1963, contra as dez e media da noite, naquel hospital militar de Pontevedra e asistida por unha parteira ansiosa por ir ó teatro xusto na hora en que eu tiña que nacer.



Quen me coñece -de seguro estará sorrindo ao saber destas circunstancias- pode constatar que o ambiente si marca o meu carácter traxicómico e o meu espíritu de mando.

Meu pai, carabineiro na fronteira de Tui, tiña un aspecto serio fóra da casa, pero era moi afín ao desenfado, ás bromas e as festas. Miña nai era realmente a que mandaba nos lindeiros do fogar e tiña máis poder na argumentación e no xogo do tute. Meu pai cabreábase moito porque ela era un pozo sen fondo: sempre gardaba os trunfos e as briscas para o final. Meu pai facía trampas no intento de gañar algunha partida...

Maruja da Casanova,

miña mai,

coma ti, ningunha!

1 comentario:

naná dijo...

De neta de xastre á neta de xastre.. Non sei se esa histria sobre o teu nacemento non será mais que unha fábula familiar...Pero si é así será mellor que a balanza se incline polo teatro, onde o sufrimento é ficción. Iso do mando, tal vez sea tamén puro teatro.
Maruja debe estar en calqueira caso feliz de ter parido tal mestura.. ¡Feliz aniversario!