Esta é unha das fotos familiares máis entrañable. Mirando esta foto dinme de conta que me meu pai era un gran retratista e tamén que a felicidade conténtase con cousas tan sencillas como pasar unha tarde no río Miño, na praia da Metralla, respirando aquel aroma de milherbas na fin da tarde.
A miña nai parécese, nesta foto, a Anna Magnani, semella a firmeza e a dozura dunha nai entregada a súa familia. A miña irmá maior, Maite, ten un aspecto que reflicte outras épocas, aínda máis escuras, da España famélica da súa nenez. Pola dereita, Pepe presume de ter xa cumpridos os dezaseis anos, por iso leva o pantalón largo e mira con desafío ao obxectivo da cámara do meu pai. Na outra beira, Luís, a pesar de ser o loiro de ollos azuis da familia, asume resignado o seu pantalón curto, mentres a miña nai lle recorda que só se levan once meses...No centro está César (Cholo), un neno sensible, cariñoso e tímido.
Daquelas tardes lembro o son dos grilos nos campos, o aroma de milherbas e o tacto da brisa fresca entre as follas das acacias da Metralla. Non lembro esa escena, pero si aquela silla que atopei anos despois na bodega da casa e que escacharrei como carrilana polas costas da plazoleta e pola rúa Tide...
3 comentarios:
Supoño que son os recordos, por moito que nos doan ou nos agraden, os que nos permiten saber que cando nos erguemos somos a mesma persoa que cando nos deitamos.
Grazas pola túa axuda e paciencia.
Espero que teñas unhas moi boas vacacións.
Maribel.
...traigo
sangre
de
la
tarde
herida
en
la
mano
y
una
vela
de
mi
corazón
para
invitarte
y
darte
este
alma
que
viene
para
compartir
contigo
tu
bello
blog
con
un
ramillete
de
oro
y
claveles
dentro...
desde mis
HORAS ROTAS
Y AULA DE PAZ
TE SIGO TU BLOG
CON saludos de la luna al
reflejarse en el mar de la
poesía...
AFECTUOSAMENTE
A NETA DO XASTRE
DESEANDOOS UNAS FIESTAS ENTRAÑABLES DE NAVIDAD 2009 ESPERO OS AGRADE EL POST POETIZADO DE CREPUSCULO.
José
ramón...
Bello y sentido. Un placer de lectura y una historia de vida.
Te enlazo.
Saludos.
Publicar un comentario